A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Pazos nace en agosto de 2010 pola necesidade dos empresarios radicados en Pazos de unir o seu esforzo e vontade para lograr as melloras necesarias que permitan a perfecta realización dos seus labores de producción e comercialización.
Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro na cal a finalidade é velar polos intereses comúns de todos os membros asociados apostando por ser un interlocutor válido entre as distintas administracións públicas, ademáis de promocionar e defender os seus intereses tanto económicos como sociais. Pretende ser un espacio de referencia no cal os asociados podan expoñer as súas preocupacións y busquen, baixo a tutela da Asociación, o mellor marco para a defensa das súas prioridades.
Para lograr os seus fins asume os seguintes compromisos:
A defensa e resolución dos problemas comúns das empresas asociadas, con independencia da Administración e de calquer grupo de presión ou partido político.
Servir de órgano de unión e coordinación das empresas e empresarios afiliados fomentando o espírito de solidaridade entre os mesmos.
Coordinar coa Administración todo tipo de actuacións encamiñadas á mellora dos servizos do parque empresarial.
Atender a necesidade de información, formación, asistencia técnica, investigación e perfeccionamiento das empresas afiliadas e divulgando cantos temas poidan afectar á potenciación da pequena e mediana empresa.