O parque empresarial de Pazos está situado no término municipal de Padrón, a 25 Km. aproximadamente de Santiago de Compostela, coa que está comunicado pola estrada nacional Coruña-Tui N-550 e a autoestrada AP-9. A segunda fai de Pazos un lugar de comunicación privilexiado, xa que dita autoestrada a coloca nunha situación estratéxica no centro do eixo A Coruña-Vigo, distando a 80 y 63 Km. respectivamente das dúas cidades.
Para aqueles que desexen entrar no polígono utilizando como medio de transporte o avión poden facelo dende o aeroporto de Lavacolla situado a 40 Km, ou dende o de Peinador a 70 Km.
O parque está situado no medio dunha área de interese natural. Ademáis de que as industrias están rodeadas de amplias zonas verdes, conta coa beleza do río Sar a menos de 200 metros, o cal un dos seus tramos está incluido na Red Natura 2000, como área de conservación da biodiversidad na Unión Europea.
|